Diáspora Teatro fai contos para mirar a natureza e a nós mesmas, para coidala e para coidarnos. A través da narración oral e o teatro de obxectos nace esta fermosa historia ubicada nun embarcadoiro con dous pescadores de contos como protagonistas. Algunhas das historias veñen de preto, outras de lonxe e outras non teñen procedencia. Contos para mirar ao redor, a natureza e a nós mesmas. O Peirao é un espectáculo sobre o valor da natureza e a relación que temos as persoas con ela.